Tres concellos entran no nivel máximo de alerta pola incidencia do coronavirus: Noia, Soutomaior e Chantada
Publicado o 07/11/2020 15:23
Tres concellos entran hoxe no nivel máximo de alerta pola incendencia do coronavirus neles. Son Noia, na Coruña, Soutomaior en Pontevedra, e Chantada en Lugo. E hai novidades tamén entre os municipios que baixan de nivel, de vermello a laranxa. É o caso do Carballiño e Barbadás, que abandonan o nivel máis alto de alerta tras varias semanas nel. Tamén sae desta listaxe o concello e Verín, o de Monforte e o de Baiona. En total, son este sábado 48 os municipios galegos no nivel máximo de alerta, tres menos ca onte.