Tres camioneiros morren atropelados na A-6
Publicado o 18/01/2021 14:11

Morren tres camioneiros atropelados por un tráiler cando axudaban a apagar un incendio no camión dun deles. Unha traxedia que sucedeu na A-6 en Tordesillas, cando un camión que transportaba un vehículo de bombeiros de Melilla á Coruña se incendiou.
Detívose na beiravía e dous camións máis pararon para axudar o condutor. Foi entón cando outro camión levou os tres por diante logo de impactar lateralmente co tráiler.
Os servizos de emerxencia non puideron máis que certificar a morte dos tres camioneiros.