CRTVG

Buscar

Tres barrios do norte da capital grega tiveron que ser evacuados polos incendios

Publicado o 04/08/2021 09:40
Tres barrios do norte da capital grega tiveron que ser evacuados polos incendios

En Atenas levan toda a noite loitando contra o lume para evitar vítimas mortais. As lapas chegaron a tres barrios dos suburbios da zona norte que tiveron que ser evacuados. Hai danos na rede de transportes e subministración eléctrica da capital grega. O lume arrasou con casas, vehículos e locais comerciais. Atenas vive días con temperaturas de ata 40 graos.

E en Turquía levan xa unha semana baixo a tiranía do lume, cun balance de 8 mortos. Miles de turistas e residentes das zonas costeiras tiveron que ser evacuados ou fuxir polos seus propios medios. Dende onte forman parte do operativo dous hidroavións españois, en resposta á petición de axuda realizada polo Goberno de Erdogán.

Noticias web

04/08/2021