CRTVG

Buscar

Tres axencias de viaxes coruñesas únense e lanzan unha campaña de promoción turística de Galicia

Publicado o 28/04/2021 20:40

Un ano despois do duro golpe que supuxo a pandemia para o sector, as axencias de viaxes seguen a reiventarse. Nidia, Patricia e Tamara sumaron a experiencia de cadansúa axencia e crearon o proxecto Excursións en grupo.

Ofertan viaxes de curta duración, dunha única xornada para coñecer distintos destinos turísticos dentro de Galicia. O primeiro é as Illas Cíes

Xa traballan en próximos destinos: a Ribeira Sacra ou o Fuciño do Porco. As redes sociais son as súas aliadas onde contactan coa súa clientela. Din que o sector pouco a pouco se está a recuperar.

Viven con incerteza que vai pasar a partir do remate do estado de alarma o 9 de maio, pero confían en que todo mellore.