CRTVG

Buscar

Tres amigas envían "paquetes para alimentar a alma" aos hospitais

Publicado o 26/04/2020 21:01

Xusto cando comezou o confinamento Gala colleu un virus que a tivo 13 días illada. Nun principio pensaban que era COVID-19, pero non, era outro tipo de infección. Con todo, estivo ingresada e cando se recuperou quixo dar as grazas facendo unhas das cousas que mellor sabe facer: doces.

Comentou a idea con outras dúas mulleres: Cristina e Aurora, unha escritora e unha ilustradora. E da cociña, da escritura, da ilustración e do agradecemento naceron estes kits de amor destinados aos hospitais onde o persoal está deixando o pelexo para salvar as vidas dos pacientes.

Ademais das galletas, este kit para alimentar a alma inclúe un acróstico, un poema crebacabezas que o persoal sanitario ten, dalgún xeito, que resolver para atopar as frase de agradecemento que agochan.

Cos seus poemas Crisitina deulle o fondo aos kits para alimentar a alma. A forma púxolla Aurora, a ilustradora.

De cada hospital chéganlles mensaxes de agradecemento pola mostra de cariño desinteresado destas tres mulleres que foron quen de traballar en equipo, a distancia, cada unha dende as súa casa, para idear e levar á práctica un kit co que dar as grazas aos que tanto están facendo para que saiamos desta.

Noticias web

26/04/2020