CRTVG

Buscar

Séntese en Cataluña un terremoto de magnitude 4,5

Publicado o 04/04/2019 08:52

Un tremor de terra de magnitude 4,5 sentiuse en boa parte de Cataluña onte pola tarde.
O epicentro do terremoto localizouse na comarca do Alto Urgell, no Pireneo de LLeida, contra as cinco e media da tarde. Ducias de persoas chamaron os servizos de urxencias, pero non hai noticias de que causase danos. Iso si, foi percibido claramente na provincia de Huesca e en case toda Cataluña. Pouco despois detectáronse e localizáronse centos de réplicas.

Noticias web

04/04/2019