Trece feridos en Madrid tras a marcha pola amnistía dos políticos presos
Publicado o 20/10/2019 10:10
Trece persoas resultaron feridas e unha foi detida polos incidentes ocorridos tras a manifestación convocada en Madrid en apoio aos políticos cataláns presos. Logo dunha marcha de 4.000 persoas polas rúas do centro da capital, un cento deles tratou de cortar a circulación pola Gran Vía, momento no que interveu a Policía Nacional. Os altercados máis graves sucederon nos arredores da praza de Callao, onde os manifestantes lanzaron cadeiras e mobiliario das terrazas contra os axentes.