CRTVG

Buscar

Treboadas en Ourense, a 35 graos

Publicado o 31/05/2021 20:51

Moita calor e treboadas esta tarde en Ourense. 35 graos rexistráronse na cidade das Burgas e máis de 33 en Leiro e en Vilamartín de Valdeorras, foron as temperaturas máximas de hoxe en Galicia, moi altas para estarmos en maio. Pero o sol da mañá deu paso a treboadas polo serán, de feito a montaña e o sur de Lugo e practicamente toda a pronvincia de Ourense están en aviso amarelo por chuvascos localmente tormentosos de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora.

 

Noticias web

31/05/2021