CRTVG

Buscar

Treboadas e inundacións en varios puntos de Aragón

Publicado o 11/05/2020 15:50

Ata 110 litros por metro cadrado acumuláronse este domingo nalgunhas zonas de Aragón. As fortes chuvias fixeron rebordar varios ríos que anegaron estradas e terreos de cultivo. Nalgúns lugares, como na localidade de Ainzón, en Zaragona, ou na de Muniesa, en Teruel, tamén caeron fortes sarabiadas, que converteron as rúas en ríos de pedrazo.

A comarca do Campo de Borja foi unha das máis afectadas. Os cultivos sufriron danos importantes e os agricultores xa dan por perdidas colleitas enteiras de uva, oliveiras e cereais. Un dos puntos onde máis choveu foi a serra de Guara, onde as precipitacións acumuladas fixeron que a presa de Vadiello tivera que desaugar.








 

Noticias web

11/05/2020