CRTVG

Buscar

Traxedia en Lanzarote: 4 inmigrantes morren e 3 desaparcidos

Publicado o 25/11/2020 09:48

Rescate de inmigrantes en Lanzarote. A barca en que viaxaban afundiu, por sorte, xa preto da costa. Case todos chegaron á area, como puideron.

O final aínda está aberto, porque hai 4 mortos, 3 desaparecidos e 27 superviventes ao envorcar unha barca ao norte da illa de Lanzarote.

Debido ás malas condicións do mar, a embarcación bateu contra as rochas do peirao na costa de Órzola, na zona de La Condesa, no momento en que xa estaban practicamente en terra.

Algúns veciños que estaban a presenciar a chegada mesmo se lanzaron ao mar para tentar axudar os náufragos.

Un amplo dispositivo de busca despregouse por terra, mar e aire para tentar atopar os desaparecidos.

Os servizos de emerxencia canarios confirmaron que todos os superviventes son varóns, de orixe magrebí, en aparente bo estado de saúde.

Agora váiselles practicar un test PCR e serán trasladados a unha nave en Playa Honda, en San Bartolomé, en calidade de detidos, a disposición da Policía Nacional.

Noticias web

25/11/2020