CRTVG

Buscar

As viaxes de fin de curso a Mallorca teñen en alerta as autoridades sanitarias de toda España

Publicado o 25/06/2021 13:26

• Tratan de localizar estudantes que viaxaran este mes ás Baleares

• A maioría de contaxiados por viaxes a Mallorca, en Pontevedra

 

Os positivos en Pontevedra por este gromo superan os 30. A viaxe de estudantes a Mallorca ten en alerta as autoridades sanitarias de toda España. Contaxiáronse de covid máis de 400 mozos. Entre eles, preto de medio cento galegos. Os cribados en Pontevedra comezaron hai xa dous días e seguen hoxe. O Sergas di que nin nos peores momentos se desatou un gromo destas característas en España.

O conselleiro de Sanidade confirmou que se está realizando unha listaxe dos centros de bacharelato que viaxaron ás Baleares para corroborar se hai máis casos de estudantes contaxiados. Julio García Comesaña informou que xa hai 50 casos confirmados, entre estudantes e pais, en Pontevedra, Ourense, Lugo e Vigo e que se detectaron as variantes británica e delta.

Noticias web

25/06/2021