CRTVG

Buscar

Transplantan por primeira vez os pulmóns dun bebé doados en paro cardíaco

Publicado o 01/09/2021 09:49

Transplantan por primeira vez en España os pulmóns dun bebé doados en paro cardíaco controlado. A técnica, pouco habitual, si se empregaba en adultos, pero non en nenos. O receptor foi un pequeno que tras tres meses na UCI saía correndo do hospital. Ten unha cardiopatía conxénita con hipertensión pulmonar. A doenza detectáronlla con dous meses, e levaba un ano en lista de espera para ser transplantado. A operación tivo lugar no Vall D'Hebron de Barcelona. 

Noticias web

01/09/2021