CRTVG

Buscar

Trasladan unha nena ao hospital tras ser trabada na cara por un can no Porriño

Publicado o 11/05/2020 15:33

A nena paseaba tranquilamente cos seus pais e con dous cans pequenos pola rúa Leandro Diz, cando de súpeto apareceu outro can solto de raza bull terrier e a atacou. A nai conseguiu rescatala e collela nos brazos, pero antes o animal chegou a trabala na cara, na zona dos beizos e na meixela. Pouco despois apareceu o dono do can, que dixo que o animal rompera o colar e escapara.

Nun primeiro momento os axentes da Garda Civil levaron a pequena e os seus pais ao punto de atención continuada do Porriño, pero dende alí tivo que ser derivada ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido ás feridas que presentaba.

A Garda Civil identificou o dono do can e encargouse da investigación. O animal, de raza catalogada como potencialmente perigosa, tiña a documentación e o seguro en regra. A pequena recupérase favorablemente.

 

Noticias web

11/05/2020