Trasladan o corpo de Blanca Fernández Ochoa para a súa incineración
Publicado o 07/09/2019 22:51
A cerimonia celebrarase na máis estrita intimidade
O corpo de Blanca Fernández Ochoa está sendo trasladado arestora ata Pozuelo de Alarcón. Logo de que pechara, ás nove da noite, a capela ardente instalada no tanatorio de Cercedilla, os seus restos serán incinerados, nunha cerimonia que se celebrará na máis estrita intimidade, tan só cos familiares máis achegados da deportista.