CRTVG

Buscar

Trasladan a Vigo un pesqueiro con 2.500 quilos de cocaína procedente de Suramérica

Publicado o 31/05/2019 21:18

• O barco viaxa escoltado pola patrulleira con sete detidos a bordo e prevese que chegue ao porto vigués o luns. Foi interceptado preto dos Azores e pretendía chegar a Galicia

Un pesqueiro con 2.500 quilos de cocaína a bordo, procedente de Suramérica, foi apresado en mar aberto e diríxese ao porto de Vigo, onde se prevé, que cheguen o próximo luns.

Poucos detalles transcenderon aínda da operación antidroga que se iniciou a instancias da Axencia Tributaria e contou con colaboración internacional. Sabemos que o pesqueiro foi interceptado esta semana preto dos Azores pola patrulleira Fulmar do Servizo de Vixilancia Duaneira e que a droga tiña como destino Galicia. Neste momento, o pesqueiro viaxa escoltado pola patrulleira, con sete detidos a bordo. Algúns deles son galegos. Pero ata o luns, cando se prevé que cheguen aquí, ao porto de Vigo, non se facillitarán mais datos.

 

 

Noticias web

31/05/2019