CRTVG

Buscar

Trasladan 29 usuarios da residencia da Fonsagrada ao Carballiño

Publicado o 14/04/2020 14:14

Está previsto que comece hoxe o traslado dos 29 usuarios doutras dúas residencias privadas da Fonsagrada pechadas a semana pasada pola Xunta.

Foron clausuradas tras unha denuncia anónima polas condicións nas que vivían os anciáns. Irán chegando de a pouco dende Lugo á residencia pública de maiores do Carballiño, sempre que así o decidan os seus familiares, e o permita o seu estado de saúde. A Xunta informou a Garda Civil e a Fiscalía da situación que alí atoparon os seus inspectores, por se puidera ser constitutiva de delito.

Noticias web

14/04/2020