CRTVG

Buscar

Tras unha vaga de calor, chegan as chuvias torrenciais ao sur de Inglaterra

Publicado o 26/07/2021 09:07
Tras unha vaga de calor, chegan as chuvias torrenciais ao sur de Inglaterra

As chuvias torrenciais caídas nos últimos días causaron inundacións en varias zonas de Londres. Autobuses, estacións de metro e de trens víronse afectadas pola forte chuvia que rexistra a cidade desde o sábado pasado.

As tormentas chegan despois de que Londres e o sur de Inglaterra rexistrasen a principios da semana pasada temperaturas de máis de 30 graos.

Noticias web

26/07/2021