CRTVG

Buscar

Tras perder cos EUA por 83-76, Scariolo fixo oficial a convocatoria de Alberto Abalde para Tokyo

Publicado o 19/07/2021 13:56

Na expedición olímpica da selección de baloncesto estará finalmente Juancho Hernángomez e haberá un galego: Alberto Abalde. Por diante moitos deberes tras perder esta madrugada nas Vegas, ante os Estados Unidos.

Despois de perder dous amigables, o Dream Team tomou moi en serio este choque ante España, a vixente campioa do mundo. Gañaron os norteamericanos por 83 a 76. Damian Lillard, con 19 puntos, e Kevin Durant, con 14, foron os mellores no equipo dos Estados Unidos. Na selección española, Ricky Rubio, con 23 puntos, mantivo a España con opcións ata o final. Scariolo deu minutos a todos, includios os tres descartes para Tokyo: Oriola, Brizuela e López-Aróstegui.

Noticias web

19/07/2021