CRTVG

Buscar

Tras o incendio aparece unha mámoa en Moreiras, no concello ourensán de Toén

Publicado o 11/08/2020 21:53

O último incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Toén, xa estinguido, fixo que sexa máis visible un importante monumento megalítico. Estaba debaixo da vexetación e agora vai poder ser catalogado para dalo a coñecer.

Entre a desoladora paisaxe que deixou o incendio no monte Medoña na parroquia de Moreiras, en Toén, emerxeu este mámoa, perfectamente visible agora.

Os curmáns David e Pablo, veciños de Moreiras, ademais de descubriren a mámoa están a crear a Asociación de Amigos do Patrimnio de Toén e piden protección para este monumento megalitico.

 

Noticias web

11/08/2020