Tras dúas borrascas consecutivas, o tempo dá unha tregua
Publicado o 08/12/2020 13:51
Fisterra volve á normalidade tras o paso de Dora e Ernest, dúas borrascas que se deixaron sentir moito nesta zona durante os últimos días.
A costa da Coruña e a Mariña lucense foron as zonas máis afectadas por estes temporais, que deixaron ondas de máis de seis metros e refachos de vento que superaron os 100 quilómetros por hora.
A melloría das últimas horas provocou que se desactivase o nivel de alerta amarelo por vento e mar de fondo en toda a costa deixando paso a un tempo típicamente outonal.
Do que non nos libramos polo momento é da auga. Os chuvascos acompañarannos durante toda a semana. As temperaturas tanto máximas coma mínimas serán máis suaves.