CRTVG

Buscar

Tras catro meses sen funerais, nas igrexas non dan abasto

Publicado o 02/07/2020 20:55

Despois de case catro meses sen poder facer funerais pola pandemia, este é o terceiro que hai na Valenzá.

Ademais dos falecidos destes días, os curas fan horas extra para poder celebrar tamén os de todas as persoas mortas no confinamento.

Nesta parroquia teñen a sorte de contar cunha chea de voluntarios que fan que se cumpra a ocupación máxima e que asistir a un funeral sexa seguro.

As familias buscan ocos para facerlles aos seus o funeral que non puideron, pero planificar nestes tempos non é doado.

E aos funerais hai que engadirlles as vodas e comuñóns e bautizos que tampouco puideron celebrarse. Nas igrexas non dan abasto.

Noticias web

02/07/2020