CRTVG

Buscar

Tras a pandemia, as empresas buscan xente con competencias dixitais

Publicado o 27/07/2020 17:06

A pandemia acelerou a transformación das empresas e impulsou un modelo de negocio que agora dominan as plataformas dixitais. E con elas comezou a busca doutros perfís de traballadores.

Os expertos cren imprescindible comprender os novos consumidores e ter unha estratexia de negocio clara. Os retos son maiúsculos para todas as empresas.

As competencias dixitais gañan terreo nun momento en que o diálogo directo entre empresa, cliente e provedor, xa non é necesariamente presencial.

Noticias web

27/07/2020