CRTVG

Buscar

Fin do paro indefinido dos funcionarios da xustiza tras 114 días de paro

Publicado o 01/06/2018 08:53

Fin do paro indefinido dos funcionarios de Xustiza, despois de case catro meses. Así o anunciou hoxe o comité de folga composto polos tres sindicatos que continuaban sen desconvocala. Comunicaron tamén a intención de recorrer o acordo alcanzado entre a Xunta e o resto de forzas sindicais. O vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, dixo que se impuxo a lóxica e que a recuperación de traballo é agora o prioritario. 

114 días despois chega o punto e final ao paro indefinido dos funcionarios de Xustiza, segundo anunciou o Comité de Folga. Remata un conflito que comezaba coa reclamación por parte dos representantes dos traballadores, da equiparación salarial con respecto aos seus compañeiros no resto de comunidades.

As negociacións tensas e longas que paralizaron gran parte dos xulgados galegos. O vicepresidente da Xunta falou da imposición da lóxica para devolver a normalidade aos centros de xustiza. 

O comité de folga asegurou que a intención é recorrer o acordo alcanzado entre a Xunta e tres sindicatos buscando que resulte menos lesivo para os traballadores. A decisión de suspender a folga tomouse tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dese acordo xa aprobado. 

 

Noticias web

01/06/2018