CRTVG

Buscar

Transportistas de Inditex agradecen en redes sociais o xesto da empresa

Publicado o 13/05/2020 16:08

Este que fala é un dos tantos transportistas que cada día descargan mercadoría nas instalacións de Inditex. Amósase sorprendido polo contido da bolsa que acaba de recibir de mans da multinacional galega.

O vídeo foi compartido nas redes a modo de agradecemento.

Un xesto que dende o sector din que tamén están a poñer en práctica outras empresas galegas.

Dándolles aos transportistas unha bolsa cun bocadillo e un refresco, e pola mañá un café cun biscoito.

Pequenos detalles que, segundo os transportistas, axudan a levar o día polas estradas, en solitario... da mellor maneira posible.

Noticias web

13/05/2020