Transplantan, con éxito, un ril de porco a un humano
Publicado o 20/10/2021 20:35
Os Estados Unidos proban, con éxito, o transplante dun ril de porco a un humano. O animal fora modificado xeneticamente para evitar o rexeitamento inmediato por parte da receptora, unha muller en morte cerebral. A súa familia consentiu o experimento antes de que lle quitasen o soporte vital.
Os investigadores mantiveron o ril fóra do seu corpo durante tres días para poder estudar as súas funcións.
Trátase dun avance importante, que podería aliviar a grave escaseza de órganos humanos para transplantes.