CRTVG

Buscar

Tranquilidade entre os galegos que viven en Italia pola crise do coronavirus

Publicado o 26/02/2020 20:31

O contaxio fréase na China aínda que a enfermidade esténdese xa por máis de 30 países. En Europa, o foco principal está en Italia, e alí residen varios galegos que nos contaron hoxe como están a vivir a crise desatada polo coronavirus.

As autoridades italianas confirmaron que entre os máis de 370 infectados polo coronavirus hai polo menos media ducia de menores, pero ningún deles grave. Todos diagnosticados en Lombardía e Véneto.

A esta ultima rexion pertence a cidade de Padua onde reside o galego Antón Rei que no cré que haxa que caer no alarmismo.

Sí recoñece que hai preocupación entre os seus.

Con tranquilidade están vivindo tamén algúns dos galegos que residen en Roma a crise desatada polo coronvirus.

O Goberno chinés informou doutros 52 mortos nas últimas 24 horas, pero é a cifra máis baixa en tres semanas. A progresión do virus fréase no epicentro do contaxio pero esténdese por 30 países de todo o mundo.

Nas últimas horas confirmáronse os primeiros casos no Brasil e en Alxeria.

Noticias web

26/02/2020