A Barbanza asume con tranquilidade o primeiro rebrote en Galicia
• As nove persoas contaxiadas permancen estables nos seus domicilios
• A Xunta recorda que estes rebrotes poden volver repetirse e piden "extremar as precaucións"
En Galicia, o foco do primeiro rebrote desde que abandonamos o estado de alarma é un caso importado por unha persoa que chegou do Brasil a Ribeira.
Na vila o luns trancorre con calma, un día máis coma calquera outro dende que empezamos a nova normalidade. Malia que algúns veciños din sentirse un pouco máis nerviosos ca antes a maioría están tranquilos.
O rebrote da covid-19, que tivo a súa orxie nun veciño que chegou do Brasil, deixou, polo momento, 9 persoas contaxiadas, todas pertencentes ao círculo próximo do infectado e todas en estado leve.
O alcaldade de Ribeira, Manolo Ruiz, di que é algo "que nos ten que concienciar a todos de que o virus segue aí".
O epidemiólogo Juan Gestal asegura que estamos mellor preparados ca hai uns meses e di que o "Servizo Galego de Saúde está en alerta e poderá detectar os caos e os contactos e controlar os brotes".
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembra que os rebrotes son posibles e pide que se "extremen as precaucións e cumprir as normas hixiénico-sanitarias para minimizar os riscos".