CRTVG

Buscar

Comeza a operación saída da Semana Santa, con vixilancia especial nas estradas

Publicado o 13/04/2019 10:34

• Mobiliza 600 axentes que vixiarán o uso do cinto e do móbil

Encher o depósito será ata un 5% máis caro 

Interior ordena reforzar as medidas de seguridade

Comezou a semana Santa, e con ela, son moitos os galegos e as galegas que aproveitan para tomar uns días de vacacións. Ata o domingo da semana que vén prevense medio millón de desprazamentos en Galicia. Uns 600 efectivos de Tráfico participarán no operativo especial encargado de velar pola nosa seguridade. Entre as prioridades estará a vixilancia do uso do móbil, un dos principais motivos de distracción.

Desprazamentos por estrada, pero tamén moito movemento nos aeroportos galegos. Son moitos os que aproveitan a Semana Santa para coller un días de descanso. Pero ollo, se vostedes teñen previsto viaxar, se teñen que coller un avión ou un tren estes días, saiban que poden atopar dificultades, xa que hai folgas previstas nos dous medios de transporte practicamente todos os días da Semana Santa.

Máis de 400 vehículos da DXT controlarán estes días as estradas galegas, onde se prevé que haxa un millón e medio de desprazamantos durante a Semana Santa. A operación especial de Tráfico comezou ás tres da tarde deste venres, e estará activa ata as doce da noite do 28 de abril. 600 axentes controlarán a rede viaria día e noite. Francisco Javier Molano, tenente coronel xefe de Tráfico da Garda Civil, "farán os controis típicos de velocidade, alcol, de drogas, e tamén farán unha vixilancia especial das distraccións ao volante, que é algo que nos preocupa ao volante, e tamén aos sistemas de retención, que inflúen moito na accidentalidade". 

Os controis faranse en todo tipo de estradas. Desde a DXT poñerán especial atención nas travesías urbanas. Victoria Gómez, coodinadora da DXT en Galicia: "Preocúpannos especialmente as zonas de travesía, que en Galicia hai moitas. Nelas hai unha interconexión de coches, persoas, nenos, actividade comercial, pequena repartición... A velocidade está marcada a 50 e hai que respectala, porque un atropelo a máis de 50 probablemente sería fatal".

Os que viaxen estes días en tren ou en avión poden atopar dificultades, xa que hai folgas previstas nos dous medios de transporte para practicamente todos os días. Este venres comezou en Baraxas a folga indefinida do persoal de seguridade, que causou longas ringleiras e varias horas de espera para facturar.

Noticias web

13/04/2019