CRTVG

Buscar

Tráfico intensifica os controis de alcolemia durante todo o mes de agosto

Publicado o 03/08/2019 20:51

A DXT prevé mais de 5 millóns de desprazamentos en agosto polas estradas do noroeste de España. Nas fins de semana, a Garda Civil intensificará os controis de alcolemia. Ademais, a mediados de mes haberá unha campaña especial de control da velocidade nas vías secundarias.

Son imaxes das 9 da mañá do primeiro sábado de agosto na peaxe da AP9 próxima a Santiago. A Garda Civil de Tráfico leva desde as seis e media facendo un control de alcolemia neste punto. Un dos positivos é o deste condutor novel. Recibirá unha multa de mil euros e retiraranlle seis puntos do carné. Controis coma este intensificaranse durante as fins de semana no mes de agosto, especialmente nas localidades onde se celebran festas con afluencia masiva

A DXT prevé mais de 5 millóns de desprazamentos no noroeste de España durante o mes de agosto. Entre o 12 e o 18 deste mes, haberá unha campaña especial de control de velocidade nas estradas convencionais. O pasado mes de xullo, seis persoas perderon a vida en accidentes de tráfico nestas vías.

Noticias web

03/08/2019