Tráfico intensifica os controis de alcol e drogas en toda a rede viaria galega
Publicado o 26/03/2021 12:54
Ao longo de toda esta Semana Santa teremos que familiarizarnos con controis de tráfico coma este que está tendo lugar aquí na nacional VI. Controis de consumo de alcol e de estupefacientes e de velocidade pero tamén por infraccións de mobilidade.
Lembremos que está prohibido desprazarse dunhas comunidades a outras salvo por causa xustificada. No que levamos de mañá, neste control rutinario non se detectou ningunha infracción grave, algunha sí administrativa.
Denúnciase por parte da Garda Civil o aumento considerable nas ultimas semanas de positivos por consumo de alcol. Serán ao longo de toda esta semana numerosos os contros en calquera punto da rede viaria galega.