Tráfico instalará no Couto o primeiro radar fixo da cidade
Publicado o 06/05/2021 12:34

O primeiro radar fixo de Ourense controlará a velocidade nun dos principais puntos negros da cidade: a nacional 525 ao seu paso polo barrio do Couto. Só desde 2018, nese punto rexistráronse unha vintena de accidentes, a maioría leves, pero houbo un mortal e outros tres de carácter grave.
A velocidade excesiva á que circulan os coches en dirección Santiago é a principal causa de sinistralidade. Pretenden combatela con este radar, que, segundo avanzou a Dirección Xeral de Tráfico, estará funcionando dentro dun mes, aproximadamente.