CRTVG

Buscar

Tráfico establece controis de mobilidade na A-52, á altura da Mezquita

Publicado o 26/03/2021 15:35

Os controis de mobilidade vanse realizar entre os quilómetros 117 e 124, ao paso da autovía polo concello da Mezquita. Ao lado, no da Gudiña, hostaleiros e comerciantes resígnanse a outra Semana Santa sen clientes.

Ofelia Martínez, antiga dona do restaurante: "Aquí, da vila non podemos vivir porque somos moitos negocios. Vivimos do turismo, e se o turismo non vén...".

Este concello de 1.300 habitantes depende economicamente da circulación entre Galicia e a Meseta. Vía de paso, de descanso e de consumo que na Semana Santa atravesa o seu particular calvario pola covid.

Carolina Oliveira García, dona dun bazar: "Nós notámolo moitísimo, moitísimo. Pero eu non me enfado con ninguén, porque ninguén ten a culpa. Eu o que quero é que se acabe isto".

Os controis, establecidos este venres, prolongaranse durante toda a fin de semana.

Noticias web

26/03/2021