CRTVG

Buscar

Tráfico detecta en cinco anos máis de 2.000 galegos conducindo coas facultades minguadas

Publicado o 20/05/2021 14:47

Nos últimos cinco anos, máis de 2.000 condutores galegos tiveron que someterse a unha revisión médica extraordinaria para comprobar se podían seguir conducindo. A maioría non superaron a proba ao detectárselles unha perda de facultades físicas ou psíquicas, e o resto conserva o permiso de conducir pero vense obrigados a adoptar algún tipo de restrición.

En controis coma este é onde a Garda Civil detecta a maioría dos casos de condutores coas facultades minguadas por algún tipo de problema físico ou psíquico.

Desde a DXT apelan á responsabilidade individual e animan a comunicar calquera incidencia que poida afectar a nosa capacidade para conducir. Nos primeiros catro meses deste ano foron interceptados nas estadas galegas 137 condutores sospeitosos de non seren aptos para conducir, case o 40 por cento de todos os detectados no conxunto de España. 

Noticias web

20/05/2021