CRTVG

Buscar

Tráfico aumenta as revisións dos carnés a automobilistas que non presentan as condicións axeitadas

Publicado o 31/10/2019 15:17

Condutor maior de 65 anos sobre o que existe unha fundada sospeita de non reunir as aptitudes suficientes para circular pola rede viaria. Os axentes da Garda Civil detectan as sospeitas nun control rutinario e actívase o mecanismo extraordinario de recoñecemento.

O número de propostas de revisión vai en aumento. O ano pasado foron 394 e no primeiro semestre deste 2019 van xa 237 investigacións abertas. Son os propios responsables de Tráfico os que aprecian unha relación entre os investigados e determinados centros psicotécnicos que poden enfrontarse a un proceso penal.

O envellecemento da poboación tamén no censo de condutores e o número crecente de casos de automobilistas interceptados en sentido contrario activou esta campaña de control en que colaboran Fomento e a Xunta de Galicia.

Noticias web

31/10/2019