Traballo detecta 29 falsos bolseiros na consellería da Presidencia da Generalitat Valenciana
Publicado o 18/11/2019 19:36

A Inspección de Traballo detectou 29 falsos bolseiros na consellería da Presidencia da Generalitat Valenciana, e obriga o Goberno de Ximo Puig a dalos de alta como empregados laborais na Seguridade Social.
A fraude laboral pode ser aínda maior, porque se están investigando outras vinte casos denunciados por Comisións Obreiras.
A Generalitat nega as irregularidades, e di que esas bolsas de traballo levan adxudicándose da mesma maneira nos últimos trinta anos, xa desde gobernos do PP.