Traballadores e veciños da Mariña completan un ano de mobilizacións para esixir unha solución para Alcoa
Publicado o 30/05/2021 16:06
"Un ano de loita", con este lema os traballadores de Alcoa concentráronse este domingo en Xove para celebrar que, un ano despois de que a empresa anunciara o ERE para máis de 500 traballadores, a fábrica de aluminio primario continúa funcionando.
Fan un ano de mobilizacións nas rúas, coa esixencia dunha solución defintiva para a factoría de Alcoa.
Os centos de asistentes, na súa gran maioría familias enteiras, encheron case na súa totalidade a praza do concello da localidade da Mariña na concentración contra o ERE que hai un ano anunciou a empresa. O presidente do comité de empresa avanzou que o mércores comezarán as reunións cos compradores interesados; a primeira delas con Liberty House.