CRTVG

Buscar

Traballadores de Renfe esixen que se manteña todo o emprego do servizo de atención ao cliente

Publicado o 07/05/2021 14:35

Protesta dos traballadores de Renfe para esixir que se manteña todo o emprego do servizo de atención ao cliente. Era un servizo que estaba externalizado e que agora Renfe asume como propio.

Os sindicatos esixen que subrogue todo o persoal, e critican que a empresa vaia convocar unha oferta de emprego público insuficiente e que non garante todos os postos de traballo. Denuncian tamén que as condicións laborais serán peores.