Traballadores de Ence protestan na sede do PSOE en Ferraz
Publicado o 24/04/2019 15:24
Chegaron en seis autobuses, e pronto se fixeron notar... Ás portas de Ferraz, uns catrocentos traballadores de distintos centros de traballo de Ence deixaban clara a súa postura.
Os traballadores pídenlle ao actual Goberno e ao que saia das urnas que reflexionen e que non xoguen cos seus postos de traballo. Din que Ence cumpre coa lexislación vixente e que a súa actividade é compatible coas actividades pesqueiras ou marisqueiras.
Esta protesta en Madrid, ás portas da sede socialista, terá continuidade o vindeiro venres, cunha manifestación en Pontevedra.