Traballadores de Alcoa en San Cibrao levan as súas reivindicacións a Madrid
• Reclaman que se aprobe canto antes o estatuto para as empresas electrointensivas
Traballadores de Alcoa en San Cibrao maniféstanse en Madrid ante os ministerios de Transición Ecolóxica e Industria e ante do Congreso dos Deputados. Reclaman que se aprobe canto antes o estatuto para as empresas electrointensivas que permita abaratar o prezo da enerxía e garanta a continuidade da única fábrica que ten Alcoa en España.
Á unha da madrugada saían da estación de Viveiro os autobuses con dirección a Madrid. Nas manifestacións diante do Ministerio de Transición Ecolóxica, que tamén pasarán polo de Industria, e acabará diante do Congreso arredor da unha da tarde, participarán traballadores das principais plantas industriais de España. Tras tres consellos de Ministros, os sindicatos reclaman que non se demore máis a aprobación do prometido estatuto para a industria electrointensiva que garanta o seu futuro.
Nas últimas horas, a ministra de Industria pedía confianza. Aseguraba que o Goberno negociou o contido do decreto con Bruxelas e que todo depende agora duns informes.
Mañá hai reunión da mesa de seguimento en Lugo en que vai participar un representante do Ministerio de Industria, da Xunta, de Alcoa e do comité de empresa.