CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa en San Cibrao concéntranse para esixir a venda da fábrica

Publicado o 20/06/2021 19:28

Nova manifestación dos traballadores de Alcoa en defensa dos seus postos de traballo. Reivindican que o Goberno manteña o seu compromiso de mediar na compra entre Alcoa e as empresas interesadas.

O comité de empresa ten pendente unha xuntanza proximamente coa ministra de Industria.

A intención dos traballadores é continuar manifestándose en defensa da factoría. Consideran que o interese amosado por seis industrias é indicativo de que o sector do aluminio ten futuro.

Ademais, requiren que a SEPI faga unha intervención pública temporal, un acordo de acto único que para o contribuínte non supón ningún desembolso.

Noticias web

20/06/2021