CRTVG

Buscar

Traballadoras de Ence pídenlle a Yolanda Díaz que o Goberno non permita o peche da factoría

Publicado o 17/09/2021 15:53
Traballadoras de Ence pídenlle a Yolanda Díaz que o Goberno non permita o peche da factoría

Antes da reunión entre Yolanda Díaz e Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Xunta e a vicepresidenta segunda participaron en Santiago nun congreso sobre talento empresarial feminino.

Á entrada, traballadoras de Ence agardaban a ministra de Traballo para pedirlle que o Goberno impida o peche da fábrica. Yolanda Díaz díxolles que esa materia é competencia de Transición Ecolóxica e que lle trasladaría as súas demandas á ministra Teresa Ribera.

Noticias web

17/09/2021