CRTVG

Buscar

Torrent propón a Jordi Sánchez para a presidencia malia non ter apoios dabondo

Publicado o 06/03/2018 09:02

• O Constitucional decide hoxe se admite o recurso do Goberno contra a candidatura de Puigdemont

Junts per Catalunya e ERC negocian a contrarreloxo e preparan unha nova proposta para convencer a CUP para que apoien a candidatura de Jordi Sánchez.

O presidente do Parlament propuxo onte oficialmente a Sánchez como candiato a ser investido presidente. Na reunión desta mañá da Mesa e da Xunta de Voceiros, Roger Torrent podería marcar xa a data do pleno de investidura. Tamén esta mañá, o pleno do Tribunal Constitucional reúnese para decidir se admite a trámite o recurso do Goberno contra o pleno que convocou o Parlament para elixir telematicamente a Carles Puigdemont ou se apraza esta decisión ante a provisionalidade da renuncia do candidato. 

Só Junts per Catalunya e Esquerra Republicana apoian a candidatura de Jordi Sánchez. A terceira forza independentista, a CUP, trasladoulle ao presidente do Parlamento a decisión que tomaron o sábado de absterse, de non apoiar ningún candidato que non estea disposto a desobedecer e instaurar a república.

Desde Junts per Catalunya consideran que aínda hai tempo para chegar a un acordo, e pedíronlle ao presidente da Cámara que atrase o máximo posible o pleno para seguir negociando.
O resto de partidos ven inviable a investidura de Jordi Sánchez, e piden candidatos efectivos.
Rematada a rolda de consultas, o presidente do Parlamento propuxo a Jordi Sánchez novo candidato a presidir a Generalitat, pero non fixou aínda a data do pleno de investidura.

Noticias web

06/03/2018