CRTVG

Buscar

Torradas alternativas para esta Semana Santa

Publicado o 02/04/2021 22:28

Unha torrada diferente para unha semana santa diferente. Neste restaurante de Lugo utilizan nata, xeado e ata un soplete para elaborar a sobremesa que se está a converter en todo un referente na cidade das murallas. Aínda que o pan, o leite e a canela segue presentes, o ovo desapareceu e foi sustituido pola nata. Tamén desaparece a freidura e outro cambio importante é que o pan é do día e do tipo brioche.

"O que facemos coa nata é deixala máis untuosa. O pan do día e o xeado fana máis cara pero tamén lle da un toque máis divertido", asegura Alejandro Méndez, do restaurante Os Cachivaches.

Esta innovadora torrada está a ser un éxito e só hoxe a mediodía serviron corenta unidades. Con todo, o cociñeiro recoñece que calquera forma en que sa fagan as torradas pode dar un bon resultado se se elaboran con ingredientes de calidade e se pon esmero nos pasos de cociña. As torradas son dos poucos praceres que quedan nesta semana santa e pódense facer con elementos que sempre se teñen nas casas.

Como sucede con outros platos, nas torradas tamén existe un debate entre comensais. Neste caso entre os que prefiren comelas quentes e acabadas de facer e os que optan por deixalas repousar ata que enfríen.

Noticias web

02/04/2021