Torra reivindica o seu papel nunha mesa de negociación "entre gobernos"
Publicado o 27/11/2019 14:50
Nas negociacións para a investidura, Esquerra non considera imprescidible a presenza de Quim Torra. Pero o presidente da Generalitat emendaba esta mañá os seus socios de goberno e reivindicaba o seu papel nunha mesa de diálogo "de igual a igual" entre o Goberno central e o catalán.