Quim Torra recorre ante o Constitucional contra a súa inhabilitación
A defensa de Quim Torra presentou no Tribunal Constitucional un recurso para suspender a súa inhabilitación, un paso necesario para impugnala ante a xustiza europea. O 'BOE' aínda non publica hoxe o seu cesamento, pero o xa expresidente 'de facto' iniciou a súa nova axenda cunha visita ao cárcere de Lledoners, onde se reuniu cos presos do procés. Torra falou das condicións da mesa de diálogo co Goberno central.
Quen defende ese diálogo conxunto é Esquerra.
Tamén o Goberno aposta por manter unha negociación da que dependen os orzamentos.
Mentres, as mostras de apoio ao ex-presidente catalán chegan tamén do BNG.
Cataluña entra agora nun período de interinidade ata o sete de febreiro, previsible data das eleccións. Faino con Pere Aragonès, de Esquerra, asumindo de xeito interino "funcións limitadas da presidencia". E de novo coa ameaza das protestas dos CDR nas rúas, que esta noite xa ocasionaron incidentes nos arredores do Parlamento.