Torra recoméndalles aos cataláns non viaxar a Madrid
Publicado o 21/09/2020 18:58
O presidente da Generalitat recoméndalles aos cataláns non viaxar a Madrid: "Recomendamos que non se viaxe a Madrid de ningunha das maneiras, agás que sexa nun caso excepcionalísimo e con todas as medidas de prudencia". Quim Torra pide tamén controis de temperatura en estacións e aeroportos para os viaxeiros procedentes desa comunidade.