CRTVG

Buscar

Torra non pensa retirarlle a Núria de Gispert a Cruz de San Jordi

Publicado o 03/05/2019 14:59

Torra non pensa retirarlle a Núria de Gispert a Cruz de San Jordi, o máximo galardón concedido polo Goberno catalán. A que foi presidenta do Parlamento autonómico viuse envolta nunha nova polémica tras colgar un chío cunha montaxe que comparaba os políticos do PP e Ciudadanos con porcos. Ciudadanos acúsaa de racista, pide unha comparencia de Torra e que se lle retire a condecoración a Gispert, solicitude que tamén comparte o PSC.

Noticias web

03/05/2019