CRTVG

Buscar

Torra desafía a Xunta Electoral e mantén os lazos amarelos na Generalitat

Publicado o 13/03/2019 19:58
Torra desafía a Xunta Electoral e mantén os lazos amarelos na Generalitat

Quim Torra desafía a Xunta Electoral e mantén a pancarta co lazo amarelo na sede de goberno da Generalitat. Torra presentou recurso contra a decisión da Xunta Electoral que o obriga a retirar os símbolos soberanistas de todos os edificios publicos, con vistas á campaña das eleccións xerais.

Nun comunicado feito público esta tarde, Torra apela á liberdade de expresión e á dificultade legal de cumprir co requirimento. Di que a estelada non é un símbolo partidista e que o Parlamento catalán votou contra a supresión dos lazos amarelos. A ministra de Xustiza discrepa.

Noticias web

13/03/2019