Torra e Urkullu non participarán na Conferencia de Presidentes
Os presidentes vasco e catalán confirman que non participarán na Conferencia de Presidentes da Rioxa, a primeira presencial dende 2017.
Non tivo resultado a carta que lles enviou Sánchez solicitando a súa asistencia. Torra contestoulle, tamén por carta, que non irá porque toda a súa atención debe estar na situación sanitaria de Cataluña. Tamén criticou a presenza do Rei. E pediulle a Sánchez unha reunión telemática de presidente a presidente a semana próxima.
Tampouco irá o presidente vasco porque non hai data para outra reunión: a Comisión Mixta sobre o concerto económico e ademais ven a Conferencia propagandística.
Moncloa non entende as ausencias. Di que a cita ten un obxectivo fundamental: aproveitar a pandemia para transformar a economía e a sociedade.
O outro tema central será o fondo de recuperación europeo.