Torra di que a súa inhabilitación é un "golpe de Estado" contra Cataluña
Quim Torra denuncia un "golpe de Estado" contra Cataluña. Foi na súa volta ao Parlament tras a súa inhabiltación. Compareceu como invitado nun pleno impulsado polos independentistas e que Ciudadanos e máis o PP trataron de impedir e ao que os socialistas non acudiron.
Tras unha ovación dos soberanistas, o xa expresidente, dixo que non aceptaba a súa inhabilitación, que cualificou como "escándalo internacional e colosal", e reclamou que as próximas eleccións sexan un plebiscito.
"Que o próximo Parlamento que xurda das urnas siga fiel ao mandato da cidadanía. Ou monarquía española ou república catalá. Nin abandono, nin me resigno, nin acepto esta destitución. Será Europa a que xulgara o Estado español. Vivimos un novo intento de alteración da vontade popular dos cataláns, un novo golpe á democracia, un golpe de Estado contra as institucións do noso país", di Quim Torra, expresidente da Generalitat.